Con motivo de festexar o Día das Letras Galegas 2022, a Banda Municipal da Coruña realizará un concerto centrado en músicos coruñeses ou obras directamente relacionadas coa cidade. Trátase dun concerto de recuperación histórica artellado a modo de paseo pola cidade, dende o século XIX ate o XX. Unha inmersión na historia e os seus protagonistas; músicos máis ou menos recordados e obras para banda que nos somerxerán na atmosfera da Coruña de hai máis de cen anos.
Programa
Pascual Veiga (1842-1906), Os Ártabros (1889)
Ricardo Courtier (1865-1922), Noitébregos (1914)
Ricardo Courtier (1865-1922), Rosicler (1903)
José Castro “Chané” (1856-1917), Gaiteiriño pasa (1906)
Sentindo a brisa do Atlántico, realizaremos un percorrido pola música e os ambientes musicais da cidade no cambio do século XIX ao XX. En primeiro lugar, redescubriremos figuras senlleiras para a historia da música da cidade como son Pascual Veiga ou mesmo “Chané”. Os Ártabros e Gaiteiriño pasa son dúas obras apenas coñecidas do repertorio destes dous músicos que, aínda que non naceran na cidade, foron acubillados e sentidos como propios. Tras eles, chega o momento de (re)presentar en sociedade a un músico coruñés que deu en desenvolver a música galega con base na tradición: Ricardo Courtier. Posuidor dunha herdanza de varias xeracións de músicos de primeiro orde, Courtier reúne as características dun músico de formación clásica e sólida que mira cara o futuro apostando pola evolución da música galega. Estes músicos guiarannos a través dos ambientes sonoros da cidade: o salón, os orfeóns, o teatro, as bandas de música ou mesmo os certames. Neste punto detémonos na obra ¡1589! A os coruñeses…, que acadaría un accésit no concurso de 1890, precisamente do que sairá o noso enxebre Himno Galego.
BMMC: Paseo con aires ártabros