Prezo: De balde ata completar aforo.
DATAS E HORARIOS
- Domingo, 5 de Novembro de 2023 | 12:15
SINOPSE
(Español) Repertorio:
- Overture for a Great City | P. Sparke
- Cantares de Galicia | M. Gandolfi
- Tres bocetos andaluces | D. Cuevas
- El Amor Brujo | M. de Falla
FICHA ARTÍSTICA
(Español) Artistas:
- Banda Municipal de Música da Coruña
- Cantaora: Sandra Calderón
- Solista: Xocas Meijide
- Dirección: Juan Miguel Romero Llopis
BMMC | El amor brujo
A Banda Municipal da Coruña comeza a súa tempada sinfónica no Teatro Colón cun atractivo cartel no que centra o programa nunha obra icónica do s. XX, El amor brujo. Bruxería e misterio, xitanas que murmuran esconxuros, danzas ao redor do lume. El amor brujo é unha historia de paixón que traspasa a fronteira do máis aló, un ballet-pantomima protagonizado por unha parella, Candeas e Carmelo, e un antigo amante da moza que se manifesta en forma de espectro e atorméntaa. Sortilexios, feitizos e unha música inspirada nas máis fondas raíces do canto e sentimento meridionais, adoptando unha técnica e modos de expresión non afeitos ata entón na música española. Todo iso outorga un atractivo moi especial a esta obra. A Danza ritual del fuego ou Canción del fuego fatuo convertéronse en iconas da música do século XX.
O programa complétase coa estrea de Tres Bocetos Andaluces, obra do compositor asentado en Vigo David Cuevas, unha obra de inspiración flamenca na que o lirismo trasládase ao timbre do clarinete baixo solista. Cantares de Galicia é unha obra do compositor norteamericano M. Gandolfi; el mesmo describe a fonte que inspirou a escritura desta obra baseada en melodías tradicionais galegas: “A nai da miña esposa, Aurora, é oriúnda de Viveiro, un fermoso pobo costeiro galego. Durante as miñas viaxes alí descubrín varias cancións tradicionais que Aurora cántalle a miúdo á miña esposa María…”