Viñetas 2023 presenta unha audioficción dramatizada por Xosé Barato e presentada por Neves Rodríguez, que adapta a un novo formato unha das obras máis premiadas do cómic español en 2022 e 2023: El fuego (Astiberri Ediciones) / O lume (Demo Editorial), de David Rubín.
O historietista e animador galego David Rubín -gañador, entre moitos outros, do Premio Josep Toutain ao autor revelación do Salón do Cómic de Barcelona en 2007, ademais de ser nominado en catro ocasións aos Premios Eisner, os Oscar do mundo do cómic- fará unha breve introdución ao espectáculo, nunha conversa con Neves Rodríguez sobre o proceso creativo da obra. A intervención estará acompañada de proxeccións. A continuación, chegaralle a súa quenda á audioficción. Ao remate do evento, o autor asinará exemplares da obra El fuego (Astiberri Ediciones) / O lume (Demo Editorial), editada en galego e en español, no hall do propio Teatro Colón.
Audioficción ‘O lume’, de David Rubín