Prezo: 8 € (VR) / 10 €
Duración: 60 minutos
Calificación: TP
Duración: 60 minutos
Calificación: TP
COREOGRAFÍA: JUAN M. HERNÁNDEZ. MÚSICA: ISMAEL BERDEI. BAILARÍNS: SILVANA SESTELO, JULIA MÉNDEZ, AILEN RAMOS, JUAN M. HERNÁNDEZ, MIGUEL A. PONTE, ROSALÍA VÁQUEZ, IAGO ALONSO, DYRON VALDÉS, FERNANDO PIÑEIRO, NOEMI TRINCADO, PAULA RIPOL, YOLANDA PÉREZ, LIDIA GONZÁLEZ, LUISA ISABEL VÁZQUEZ. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: CARLOS PIÑEIRO. DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: BALLETNORTE. SON: HUGO PEÑAMARÍA. PRODUCIÓN: PALOMA PÉREZ COLOMER. PRODUCIÓN TÉCNICA: JESÚS R. ARIAS. AXUDANTE DE PRODUCIÓN: PILAR PEÑA. MESTRA DE BALLET: BELÉN VÁZQUEZ. PIANISTA: ROBERTO BECEIRO. VESTIARIO: MILAGROS REIMÚNDEZ, CRISTINA CORDIDO. FOTOGRAFÍA E PRODUCIÓN GRÁFICA: MANUEL LEMOS.
ATLÁNTICA, Ballet Norte – CCG
UNHA COPRODUCIÓN DE BALLET NORTE E CCG
Trátase dunha recreación de estilo neoclásico, inspirada nos poetas do Rexurdimento literario galego e como homenaxe á súa achega á nosa cultura. A través dunha visión contemporánea, a obra busca facer partícipes aos espectadores de soidades, temores, amores e desamores, tomando como punto de partida un fragmento da novela de Manuel Murguía ‘La mujer de fuego’.
Ao tempo, o título ‘Atlántica’ fai referencia á importancia que o mar ten para Galicia, tanto como medio de vida, vínculo entre culturas e nexo de unión co continente americano debido á emigración.