A banda compostelá Ataque Escampe, en colaboración co videógrafo David Silva, presenta este espectáculo audiovisual con música en directo onde, a través de máis dunha ducia de episodios, alternará cancións do seu vindeiro disco —previsto para 2023— con algunhas das pezas máis inexploradas do seu repertorio. Canda a música, a proposta visual está atravesada por imaxes que vertebran pasado e futuro, o mundo dos vivos e o mundo dos mortos. Mediante o fío condutor dun vello Mercedes e cunha estética case mística por onde se filtra a realidade, Na noite brillan explora as ideas da reencarnación e da metamorfose a través da vida dunha banda de pop.
Ataque Escampe – Na noite brillan