Teatro

AS DO PEIXE, abrapalabra creacións escénicas

PREMIOS MARÍA CASARES MELLOR TEXTO, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA (SUSANA DANS) 

PREMIO DO PÚBLICO MIT 2013 [MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO DE RIBADAVIA]

‘As do peixe’ son as traballadoras da conserva. A man de obra barata dunha industria que, ao longo do tempo e da xeografía, acabou por facer parte da paisaxe emocional do noso país.

‘As do peixe’ son catro actrices que encarnando catro mulleres concretas, representan miles de anónimas traballadoras: as súas humildes historias, as súas vidas comúns, as súas íntimas arelas, os seus modestos soños, as súas pequenas frustracións. A súa memoria colectiva.

‘As do peixe’ é un espectáculo sentido, bulideiro, divertido, intenso, directo, reflexivo, fresco, reivindicativo … porque así eran aquelas mulleres.

Prezo: ANTICIPADA: 6 € (VR) / 12 €. DIA FUNCIÓN: 6 € (VR) / 14 €
Duración: 90 minutos
Idioma: GAL
Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 21 de Maio de 2016 | 20:30

SINOPSE

Catro mulleres , ex - traballadoras dunha desaparecida fábrica de conservas, acoden a un ‘taller da memoria’ e, ao tempo que reconstrúen parte da súa experiencia laboral, rememoran pasaxes da súa vida persoal e familiar, comentan aspectos da actualidade e expresan as súas ilusións ou desconfianzas no futuro.



FICHA ARTÍSTICA

TEXTO: CÁNDIDO PAZÓ. DIRECCIÓN: CRISTINA DOMÍNGUEZ DA PENA. REPARTO: CASILDA ALFARO, MÓNICA CAMAÑO, SUSANA DANS, ROCÍO GONZÁLEZ.