Nova Galega de Danza, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, desembarca na Coruña este mes de xeneiro para presentar no Teatro Colón un fito único: unha antoloxía con tres das súas pezas máis celebradas e recentes: Leira, Berro e Dique. A muller toma o centro do escenario nunha viaxe a través da terra, a raíz, a memoria, a tradición, a resiliencia, o empoderamento e a fortaleza. Tres noites máxicas nunha mesma fin de semana na cidade herculina para botar o pano da celebración do 20 aniversario de Nova Galega de Danza. Tres noites máxica que, de seguro, pasarán a formar parte da historia da danza na cidade.
Leira
O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica. Día e noite, xornada tras xornada, repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie, habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiro de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo; é a celebración dunha Galicia intemporal e máxica. O espectáculo foi galardoado co Premio Max ao mellor intérprete masculino de danza -Iván Villar- en 2021, na XXIV edición dos premios, onde foi tamén finalista como mellor espectáculo de danza.
Unha produción de: Nova Galega de Danza
Dirección artística: Jaime Pablo Díaz
Coreografía: Iker Gómez e Jaime Pablo Díaz
Bailarines: Iván Villar e Pablo Sánchez / Ricardo Fernández
Bailarinas: Estefanía Gómez e Inés Vieites / Laura Santamariña
Antoloxía Nova Galega de Danza | Leira