Nova Galega de Danza, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, desembarca na Coruña este mes de xeneiro para presentar no Teatro Colón un fito único: unha antoloxía con tres das súas pezas máis celebradas e recentes: Leira, Berro e Dique. A muller toma o centro do escenario nunha viaxe a través da terra, a raíz, a memoria, a tradición, a resiliencia, o empoderamento e a fortaleza. Tres noites máxicas nunha mesma fin de semana na cidade herculina para botar o pano da celebración do 20 aniversario de Nova Galega de Danza. Tres noites máxica que, de seguro, pasarán a formar parte da historia da danza na cidade.
Berro
Berro representa o baleiro que supón ser individuos sós e illados nunha sociedade sen memoria, que debe procurar o movemento que lle lembre o seu pasado. Nunha viaxe que conecta os estados emocionais, a peza amosa a importancia de recuperar esa esencia ancestral -a tradición, a terra, a raíz, a familia e a casa- a través da experiencia colectiva, sentindo a transformación na expresión do corpo.
Dirección: Jaime Pablo Díaz
Dirección artística: Sharon Fridman
Música: Sergio Moure de Oteyza
Coreografía: Sharon Fridman – Bailaríns NGD
Asistente de coreografía: Melania Olcina
Elenco: Inés Vieites, Estefanía Gómez, Alba Cotelo, Laura Santamariña, Ricardo Fernández, Iván Villar e Jaime Pablo Díaz
Coordinación de produción e asistencia á dirección técnica: Nova Galega de Danza
Antoloxía Nova Galega de Danza | Berro