Duración: 120 minutos
Calificación: TP
PRESIDENTE: CARLOS DE BEN VÁZQUEZ. VICEPRESIDENTE: ÁNGEL RODRÍGUEZ VILLA. SECRETARIO: ANTONIO FLOREAL PAZOS SÚAREZ. TESOUREIRO: RAMIRO FERNÁNDEZ NOGUEIRA. DIRECTOR MUSICAL: ENRIQUE RODRÍGUEZ IGLESIAS. BAIXOS: JORGE PEÓN MOSCOSO, TEODORO TRIANA MARTÍNEZ, CARLOS DE BEN VÁZQUEZ. BARÍTONOS: RAMIRO FERNÁNDEZ NOGUEIRA, JOSÉ MANUEL CEBRAL GONZÁLEZ, JOSÉ LUIS PAZ SEIJAS. TENORES 1º: JOSÉ ANTONIO MENDAÑA MARIÑO, LUIS FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ. TENORES 2º: VICENTE BELLO VÁZQUEZ, JOSÉ RIOS TALLÓN, ÁNGEL RODRÍGUEZ VILLA, CARLOS CORRAL GUTIÉRREZ, ÁNGEL LUIS CASTRO AMBROA, ARMANDO SOCASTRO GÓMEZ. CONTRABAIXO: CARLOS PATIÑO GÓMEZ. BANDURRIA: ANTONIO FLOREAL PAZOS SÚAREZ. PIANO: VICTOR VÁZQUEZ PENA. PERCUSIÓN LATINA: MANUEL RAJAL FERNÁNDEZ. BATERÍA: JOSÉ MIGUEL CASTRO BELOQUI.
AMIZADES, ‘Caminando 2016’
O grupo Amizades fúndase en 2002, componse de persoas que foron fundadores da Asociación de Tunos Veteranos Coruñeses, na actualidade son 20 persoas sobre a escena.
O seu director, Enrique Rodríguez Iglesias, é un músico cunha sólida formación académica (carreira superior de guitarra clásica), demostrando ser un virtuoso tanto en guitarra como en requinto, e caracterizándose pola interpretación de extraordinarios solos.
Amizades é na actualidade un dos grupos máis sólidos e de maior prestixio no panorama musical español. Actuaron en Lisboa, Oporto, Madrid ou Gran Canaria. En Galicia actuaron no Palacio da Ópera, Teatro Rosalía de Castro ou no Teatro Colón da Coruña, no Teatro Jofre de Ferrol, no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, no Auditorio de Pontevedra, no Teatro García Barbón de Vigo ou no Teatro Principal de Ourense, entre outros.
Dende a súa creación foron depurando a súa técnica de canto e instrumentación, sendo recoñecido polo seu público en cada unha das súas galas e concertos.
Amizades acada o seu máximo esplendor artístico nas súas actuacións en directo, ben sexa en teatro ou en espazos abertos, demostrando ter un estilo propio, persoal, fresco e único baseado en obras folclóricas, baladas, boleros, con excelentes adaptacións e magníficos arranxos persoais de composicións de grandes artistas, así como, creación propias que acadan unha extraordinaria brillantez, tanto no apartado instrumental como na masa coral chea de matices. Conta con extraordinarios solistas que saben conectar e sintonizar co público, na súa dilatada carreira musical editaron oito cds.
Amizades compartiu escenario con artistas da talla de Los Sabandeños, Los Gofiones, Los Panchos, Los Brincos, Compay Segundo, Miguel Bosé, Café Quijano ou Rocío Durcal.