Música

BMMC | Alfred Reed vs Antón Alcalde

BMMC NO COLÓN

 

Unha mesma fonte inspiradora é capaz de xerar visións musicais totalmente distintas. É o caso do singular programa que presenta a BMMC. Un mesmo título para dúas composicións inspiradas no famoso libro de ensino budista chamado Lotus Sutra. Un compositor histórico do panorama bandístico como Alfred Reed (Nova York, 25 de xaneiro de 1921 – Nova York, 17 de setembro de 2005) enfrontado musicalmente co compositor Antón Alcalde (Rianxo, 1992). Dous compositores atraídos por esta cultura oriental e que no caso do compositor galego trátase dunha reestrea dunha composición para trombón solista e banda, que contará coa presenza do solista de trombón da ORTVE Ximo Vicedo.

Repertorio:

1ª parte
Three Revelations from the Lotus Sutra | A. Reed
1.-Awakening.
2.-Contemplation.
3.-Rejoicing.

2ª parte
Three Revelations from the Lotus Sutra | A. Alcalde
1.-To awaken in the light of the Universe.
2.-To contemplate the dephs of the soul.
3.-To rejoice in the beauty of peace.

 

Artistas:

  • Banda Municipal de Música da Coruña
  • Solista: Ximo Vicedo
  • Dirección: Juan Miguel Romero Llopis
Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 3 de Decembro de 2023 | 12:15