Concerto

AGORAPHOBIA e THE TRUNKS BAND [XOVES DE MÚSICA]

XovesdeMusica_LOGOS

AGORAPHOBIA

_O6P6069

Agoraphobia volve con forza. Tan só un ano e medio dende o lanzamento do seu EP debut ‘Dirty little things’, esta moza banda de indie rock publica ‘Ready to Play’, preparada para dar o gran salta á escena internacional. Gravado e autoproducido íntegramente nos estudos Nakra (A Coruña), Agoraphobia perfila un son moito máis persoal e maduro que as sitúa como sólidas candidatas a facerse un oco no panorama musical nacional. Contundencia e distorsión son o nexo entre cinco temas directos e homoxéneos fieis ao seu principio de narrar historias e crear universos sonoros paralelos que conflúen nun único obxectivo: facer bailar á xente.

O seu background é o seu mellor aval. Gañar o Vodafone Yu Music Talent no ano 2013 foi o comezo da súa meteórica carreira. No 2014, xiraron por toda España con artistas como Delorean, Lory Meyers, The Zombie Kids ou Russian Red. Dous anos consecutivos participando no South by Southwest (SXSW) Texas, a feira musical onde se dan cita as bandas noveis máis relevantes de todo o mundo, permitiulles cultivar un éxito moi por riba das expectativas iniciais abrindo camiño para novas oportunidades noutros países.

THE TRUNKS BAND

the_trunks_band

The Trunks é unha banda de Indierock de Sada que nace en 2011, formada por Rodrigo Valiente (voz/teclados), Manuel Nuky (guitarra), Fran Yosi (guitarra), Rubén Suárez (baixo) e Rob Toretto (batería).

En 2012 participan na 15ª edición do festival Sonorama compartindo cartel con grupos como Vetusta Morla, Love of Lesbian, Dinero, etc. No 2013, ademais de xirar por toda a xeografía galega, The Trunks consegue facerse un oco no Festival Sardines de Sada compartindo escenario con Dorian, Sidonie e Miss Caffeina. En 2014 gañan tres concursos aos que se presentan obtendo o premio á mellor banda de Coruña de Cuac FM e mellor banda no Festival MusicaXove celebrado en Santiago de Compostela. Ese ano comparten escenario con varios grupos consolidades como Los Suaves.

En novembro gravan o seu novo videoclip de ‘Mágica’ acompañados de María Mera como actriz protagonista, producido por MT e DRS. En xuño de 2015 lanzan o seu primeiro LP ‘Bipolar’ gravado entre os estudios Drum&Roll da man de Iago Blanco, estudios da SGAE Santiago de Compostela con Gerardo Amigo e a mestura de Mihai Tanasesku. Foi masterizado por Steve Corrao en Sage Studios (Nashville).

Reciben o primeiro premio do festival Castelo Music 2015, como mellor grupo. E en agosto, en Sonorama 2015, poñen patas arriba a Plaza de La Sal, no escenario Red Bull Tour Bus. Recentemente obteñen o primeiro premio no concurso de bandas Rock in Río Tea 2016 e actúan no Festival Sonorama 2016 por segundo ano consecutivo, esta vez na Plaza del Trigo con un cheo completo. Este mesmo ano entran nos estudios Neo para gravar o que será o seu segundo traballo ‘Sobre excusas y fragmentos’ da man de Jose Caballero, correndo a masterización a cargo de Alex Cappa de TMF Studios.