Radio en directo

A radio conta

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Radio Conta é un programa solidario promovido e realizado polas emisoras das radios públicas e privadas da Coruña: Radio Galega, RNE, SER, Onda Cero, RadioVoz, COPE, Radio Marca e InterCoruña. Preto dunha trintena de xornalistas de todos estes medios, co apoio das súas respectivas direccións, traballan xuntos todo o ano para preparar unha iniciativa diferente e inesquecible. Os obxectivos son dous: a solidariedade e unha homenaxe á radio local, a máis próxima.

Cada ano, A Radio Conta quere visibilizar ante un amplio público o labor, calado e non sempre coñecido, de entidades que traballan na cidade. Este 2023, colabora con ABAC, a Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña.

E COMO SE FAI ISTO?
Cun programa dinámico, divertido e inusual. Por A Radio Conta pasaron máis dun cento de persoas convidadas desde o inicio.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 30 de Decembro de 2023 | 17:00