Teatro

A chispa máxica

CORUÑA COMUNICA CIENCIA

 

Un pianista, un actor e un comunicador da ciencia súbense ao escenario para contar (e cantar) a historia dun pioneiro, dun home que vivía no futuro. Porque o mundo mudou cando a noite foi barrida da terra. A Chispa Máxica estreouse en 2023 no Teatro Zorrilla de Valladolid no evento Naukas Valladolid. Este espectáculo concibiuse como unha sorte de ‘piano-bar’ onde conflúen a comedia stand-up, o teatro e a música. É unha creación a 6 mans de Manuel Vicente, director de Efervesciencia na Radio Galega; o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández. A chispa Máxica conta coa colaboración da Fundación Fernando Blanco, de Cee.