Danza

Mar en Danza: Igor Yebra

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE DANZA | PROGRAMACIÓN DE LA DIPUTACIÓN DE A CORUÑA

 

CLASE MAGISTRAL

Nacido en Bilbao, Igor Yebra formouse na escola de Víctor Ullate, en Madrid. Debutou como profesional no Ballet de Víctor Ullate (1988-1996) e posteriormente emprendeu a súa carreira en solitario no Australian Ballet (1997-1999), primeira das moitas compañías internacionais dos cinco continentes coas que colaborou ao longo da súa traxectoria. A súa carreira internacional como freelance nutriuse de tres fontes principais: a escola francesa grazas a Charles Jude, a escola italiana da man de Carla Fracci e a escola rusa a través de Yuri Grigorovich. Entre os seus fitos profesionais, atópase o seu rol protagonista en Iván o Terrible, no Palacio de Congresos do Kremlin en 2004, converténdose Yebra no primeiro bailarín non ruso que interpretou este papel. Entre os seus galardóns destacan o Gran Premio de Eurovisión para mozos bailaríns (1989), o Premio ‘Danza & Danza’ ao ‘mellor bailarín do ano’ en Italia (1996), o segundo premio no concurso Maya Plitseskaya (1998) e o Premio Leonidas Massine en Italia (2003), entre outros. Igor Yebra foi Bailarín Estrela do Ballet da Ópera de Bordeus (2006-2016) e Primeiro Bailarín convidado do Ballet da Ópera de Roma (2002-2012).