‘Do obstáculo de non atoparse ben en ningún sitio sacamos un novo camiño’
‘Balor na acción dunha cadeira’ é a primeira residencia técnica do Teatro Colón que a compañía Artesa Cía estrea este venres 6 ás 20:30 horas. Unha proposta moi persoal sobre a emigración, a identidade ou esa outra historia formada polos pequenos actos cotiás. Conversamos co seu director, Roi Fernández, sobre o proceso creativo sobre emigración, transmigrantes ou a incomodidade como motor creativo.
Como xorde este proxecto?
O inicio é a curiosidade persoal por unha figura da que sempre se falaba na miña familia pero da que se sabía pouco. Deste personaxe, que era o meu bisavó, só se dicía que estivera en América e que fora traizoado polo seu irmán. Aínda hoxe, a esa parte da familia lle chaman os Caíns. Iso de pequeno quedoume moi gravado, esa cousa do Caín converteuse case nun mito. Comecei a traballar a partir desa curiosidade por un personaxe totalmente escuro e opaco, e tamén na busca duns referentes identitarios aos que agarrarte, eses que che fan ser como es. Ese foi o inicio.
‘Balor na acción dunha cadeira’ fala da emigración?
Sí, todo comezou como che dicía coa figura do meu bisavó. E o tema volveu a nós hai uns anos, cando os colegas de profesión comezaron a saír fóra por necesidade. Tiñamos un amigo que se foi a estudar a New York, e comezamos a pensar na idea de como revertía na sociedade galega a emigración cultural de hoxe en día, a nivel de asociacionismo, do intercambio de ideas. E decateime de que todo iso do que estábamos a falar era exactamente o que fixera o meu bisavó hai 90 anos. Foi xente que marchou para alí cunha necesidade concreta pero que se atopou cun montón de ideas e dalgunha maneira soubo canalizalas, ou facelas súas e transmitilas á sociedade da que partía. No seu caso de Sada, que era o seu entorno máis próximo, de feito acabaron poñendo en marcha unha escola laica ‘Sada y sus contornos’.
Foi xente que se adaptou a esa nova situación
Non só iso, adaptouse e colleu o que lle parecía bo desa sociedade para levalo ao seu lugar de orixe. Cando comecei a investigar sobre o tema atopei a figura do transmigrante, que non é nin emigrante nin inmigrante. É unha persoa que sae fóra pero que ten características da sociedade de acollida sen deixar a súa propia identidade, co que serve como unha especie de ponte entre unha cultura e a outra.
Unha imaxe afastada da que tradicionalmente se amosa da emigración
Si, esta é unha obra de emigrantes invisibles. Esta xente pareceume fascinante, tradicionalmente temos unha imaxe moi de cliché da emigración galega. Eu vía que nesta xente de 1910 xurdían as mesmas necesidades que temos agora no 2015. E non era unha imaxe da emigración que estivera presente no imaxinario colectivo. Cando chegamos alí comezamos a coñecer xente que tiña outra visión da emigración, pero que non era un referente visible aquí. Dino Pacio por exemplo, un catedrático de Lugo que foi exiliado nos 60, que fixo unha labor inmensa coa educación nos barrios marxinais, que alí é unha eminencia, pero aquí ninguén o coñece. Esa xente non aparece no imaxinario colectivo da emigración. Balor na acción dunha cadeira comezou sendo esa comparación entre esas orixes do asociacionismo e esta outra visión do transmigrante co que nós vimos cando estivemos alí en New York.
Vós tamén marchastes fóra, sentístesvos nunha situación similar?
Nós tiñamos un problema identitario, nós traballamos a identidade como artistas, e intentamos seguir alí con iso pero atopas moitas trabas porque estás fóra do teu entorno. E cando chegas aquí tamén ves que volves caer nos mesmos clichés identitarios. Pero desa incomodidade é de onde sacamos un novo camiño. Dende o obstáculo de non atoparte ben en ningún sitio.
Os emigrantes de Balor viven nesa incomodidade?
O historiador Vicente Peña di nunha entrevista: ‘non hai identidades compartidas, ou se é ou non se é’. Iso pasaba moito alá, atopábaste con xente que levaba alí 30 anos e tiña a sensación de non pertencer a ningún sitio, porque eles veñen aquí e tamén están desconectados. Por iso eu necesitaba buscar algún referente identitario.