Comunicación Incomunicación, premio MAX á mellor produción privada

O domingo 16 ás 19:00 horas poderemos gozar con Comunicación Incomunicación, unha produción do Teatro Arriaga, Kukai e Tanttaka Teatro que está coorganizada polo programa PLATEA do INAEM e que recibiu o Premio MAX á mellor produción privada na pasada edición deste importantes galardóns, que se conceden aos traballos máis destacados das artes escénicas dentro do territorio español.

2

A proposta, coreografada por Jon Maya en colaboración cos intérpretes, fálanos da dicotomía entre a comunicación e a incomunicación nas relacións humanas e mestura distintas disciplinas artísticas como o teatro ou a danza. O propio Jon Maya explica que para a súa creación inspiráronse no cantautor Mikel Laboa ‘él se valió a menudo de esa dicotomía y abrió una ventana a un mundo de inspiración, a través dela que nosotros hemos querido mirar’. A compañía parte do folclore vasco e utiliza as súas danzas para explorar novos camiños e linguaxes artísticas.

Abrir vías de colaboración

Comunicación Incomunicación xorde da colaboración entre o Teatro Arriaga de Bilbao, a compañía de teatro Tanttaka e a compañía de danza Kukai. Unha das características principais desta última compañía é precisamente a de crear pontes e vías de diálogo entre diferentes artistas e entidades de cara a impulsar o sector escénico contemporáneo.

Isto levounos a colaborar con artistas como Carlos Núñez ou a Orquesta Sinfónica de Euskadi. Paralelamente a esta vía e traballo inicia un camiño no que fusionan o seu xeito de entender a danza coa mirada de prestixiosos coreógrafo como Cesc Gelabert, Damián Muñoz e Virginia García (La Intrusa Danza), Iker Gómez, etc. Destas colaboracións xurdiron os traballos Soka, SAK 2, Karrikan ou Gelajauziak. A compañía asentada en Euskadi tamén impulsa proxectos de sensibilización para a danza e realiza proxectos de formación para mozos bailaríns.

3

As entradas pódense  adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.