BALOR NA ACCIÓN DUNHA CADEIRA

Roi recibe unha vella película procedente de New York. Na lata, únicamente unha etiqueta: “Sociedad Sada y Contornos, 1920”. A mesma sociedade de emigrantes á que pertencía o seu bisavó.
Mordido pola curiosidade, leva a película ó Laboratorio de Reconstrucción Fílmica.
Unha nena bailando sobre unha cadeira é o único que amosan os poucos fotogramas que sobreviven ó balor e á humidade. O resto haberá que imaxinalo.
O proceso de reconstrución do vello filme irá revelando os intres esquecidos, os movementos borrados, os soños soterrados dos devanceiros que forman a orixe de Roi, espertando a necesidade de coñecer o seu propio pasado:
Unha dinastía esquecida, formada por xentes que simplemente bailaban sobre unha cadeira…
A partir das hipóteses e reconstrucións actorais dos baleiros do filme, “Balor na acción dunha cadeira” revisa a nosa tradición migratoria máis oculta, reflexionando sobre a multiplicidade da historia, a educación, a cultura ou a relixión… por medio dunha linguaxe contemporánea, unha posta en escena vangardista na que se combinan o documental, Cine en Directo, o vídeo mapping, a iluminación e a composición sonora nun proceso de creación multidisciplinar.

DIRECCIÓN, ESCENOGRAFÍA E VÍDEO EN DIRECTO. ROI FERNÁNDEZ.

DRAMATURXIA DE ROI FERNÁNDEZ sobre o traballo de Viewpoints e Composición de ARTESACÍA.

ELENCO. LAURA VILLAVERDE, SIMÓN PIÑÓN, GUSTAVO FOUCE.

DESEÑO DE ILUMINACIÓN. HÉCTOR PAZOS, ROI FERNÁNDEZ.

ESPAZO SONORO. MADAMME CELL.

PRODUCIÓN. ARTESACÍA CO APOIO DA AGADIC E DO TEATRO COLÓN.