Música

Banda Municipal de Música da Coruña e Coro Cántigas da Terra

OS CONCERTOS DO CENTENARIO

 

Os días 6, 7 e 8 de novembro de 2024 terán lugar, no Teatro Colón da Coruña, ás 20.00 h, tres concertos para conmemorar o 175 aniversario da fundación da Real Academia Galega de Belas Artes. Participarán as corais e orquestras decanas da cidade da Coruña: Cántigas da Terra, Coral Polifónica El Eco, Coral Polifónica Follas Novas, Coral Polifónica Sporting Club Casino, Banda Militar (Unidad de Música del Cuartel General del Mando de Apoyo a la Maniobra), a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música e a Banda Municipal de Música.

Os concertos estarán integrados exclusivamente por música de compositores galegos, históricos e actuais. Máis de 30 autores, entre os que destacan os compositores que foron académicos da Sección de Música da Real Academia Galega de Belas Artes. Con estes concertos quérese lembrar o que se levou a cabo fai xustamente 75 anos, en 1949, no Teatro Rosalía de Castro, cando se celebrou o centenario da fundación da Real Academia. Tamén entón participaron as agrupacións instrumentais e vocais de máis relevo da nosa cidade, incluíndo música de compositores membros da Academia.

CORO CÁNTIGAS DA TERRA

Director: Luis Bolón

• Adolfo Anta: A sega
• Tradicional [recollida e harmonización: Adolfo Anta]: Alalá de Santa Marta
• Tradicional [recollida: M. Capelo Pato; arranxo: Luis Bolón]: Canto de pandeirodo Pino
• Mauricio Farto: Ei os de Sergude
• Tradicional [recollida: Adolfo Anta]: Foliada de Cerdedo

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DA CORUÑA

Director: Juan Miguel Romero Llopis

•Marcial del Adalid: Galicia, Marcha Triunfal
• Gregorio Baudot: Lugo-Ferrol
• Luis Brage: Follas novas
• Canuto Berea: La Alfonsina [trans.: Nilo García Armas]

CORO CÁNTIGAS DA TERRA e BANDA MUNICIPAL

• Tradicional [recollida: Adolfo Anta; arranxo: Luis Bolón]: Maneo de Ponteceso
• Emilio Corral [arranxo: Luis Bolón]: Xeitosa
• Tradicional [recollida: Xan Pena; arranxo: Luís Bolón]: Foliada da Cruña
• Pascual Veiga [arranxo: José Luis Represas]: Himno Galego [Letra de Eduardo Pondal]

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 8 de Novembro de 2024 | 20:00