Música

Sumrrá + Niño de Elche

MÚSICAS POSÍBEIS

 

A proposta de Sumrrá, formada por Xacobe Martinez Antelo (contrabaixo), Manuel Gutiérrez (piano) e Lar Legido (batería/obxectos sonoros), é un trío que leva 25 anos explorando as fronteiras do jazz. Cunha sólida traxectoria internacional e sete discos no seu haber, consolídanse como unha das formacións máis lonxevas da escena jazzística nacional. Percorreron escenarios en cidades como Seúl, París, Johannesburgo, Vitoria, Vancouver, Sofía e Braga, entre moitas outras, ofrecendo un espectáculo potente e vangardista. Para celebrar o seu aniversario, Sumrrá convida ao célebre Niño de Elche, coñecido pola súa fusión de flamenco e outros xéneros. Neste novo espectáculo, combinan a música orixinal do trío con letras que abordan temas arredor dos dereitos humanos e a xustiza social, incluíndo referencias a figuras emblemáticas como Martin Luther King e Malala Yousafzai.

Este concerto, que mestura tradición e modernidade, promete ser unha experiencia conmovedora que remove conciencias e aquece a alma.

Prezo: De balde con convite. Proximamente



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 9 de Novembro de 2024 | 20:00