Música

Orquestra Gaos | Paixón por Galicia

A Orquestra Gaos cumpre 15 anos e para celebralo contamos con dous clarinetistas excepciones: Juan Ferrer, solista da OSG, e o seu fillo Álvaro Ferrer, academista da Belgian National Orchestra, que nos ofrecerán o concerto para 2 clarinetes op.35 de Krommer. Para completar o programa ofreceremos a Sinfonía nº2 de Andrés Gaos, composta cando o compositor coruñés estaba vivindo en Bos Aires, co sobretítulo En las montañas de Galicia e que é, en definitiva, unha viaxe ás nosas raíces baixo o prisma do emigrante cun gran sentimento de morriña.