Este é un proxecto que nace dunha ilusión e unha certeza. A ilusión por crear algo único e propio que recolla os nosos valores e o noso xeito de entender a misión de educar no tempo libre, e a certeza de que no seno da nosa empresa, dedicada ao ocio lúdico-educativo e animación infantil, hai moito talento. Só tivemos que reunilo e poñelo ao servizo deste espectáculo que agora presentamos. Se logramos que cantaruxes as nosas cancións e te sintas feliz, te divirtas e te contaxies de positivismo vital, cumpriremos un soño.
O espectáculo musical ¡Vivan los niños! Está baseado nas 15 cancións orixinais que compoñen o noso disco Donde diga el corazón. Un disco que fala de educación en valores, igualdade, animación á lectura, hábitos de alimentación saudables, positivismo vital, e por enriba de todo … soños que se fan realidade.
No disco colaboraron como artistas convidados a recoñecida fadista María do Ceo, Enrique Ramil ou Joaquín Padilla de Iguana Tango.
FICHA ARTÍSTICA
REPARTO. Dani Ríos, Erika Castro, Carme Sas, Virginia Castro, Óscar Rodríguez, Asun Álvarez. DIRECCIÓN, GUIÓN E DESEÑO. Carla Iglesias. CANCIÓNS ORIXINAIS E PRODUCIÓN MUSICAL. Manuel Ramil. DIRECCIÓN DE ESCENA. Óscar Ramil e Carla Iglesias. COREOGRAFÍA. Virginia Castro e Carmen Sas. DESEÑO DE LUCES. Alberto Casas. SON. Manuel Ramil. VESTIARIO. Carla Iglesias e ‘Refaixo’.
DOSSIER
¡VIVAN LOS NIÑOS!

LA GUAGUA