Gala lírica

Marina Monzó e Miren Urbieta-Vega | Gala lírica de clausura

TEMPORADA LÍRICA DE AMIGOS DA ÓPERA DA CORUÑA

 

MARINA MONZÓ E MIREN URBIETA-VEGA SUBSTITÚEN A AIDA GARIFULLINA NA GALA DE CLAUSURA DA TEMPORADA LÍRICA

🔘 Unha doenza de última hora obriga a cancelar a súa participación na gala de clausura de mañá.
🔘 A Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por José Miguel Pérez Sierra acompañarán ás artistas no concerto do venres ás 20 horas.
🔘 No caso de que algunha persoa desexe que lle sexa reintegrado o importe da súa entrada, a devolución farase polo mesmo medio de pago polo que foi realizado.Ataquilla encargarase de informar aos compradores web e de facer as devolucións a quen o solicite. As entradas compradas nas nosas taquillas físicas devolveranse unicamente na taquilla da praza de Ourense ata o 30 de decembre.