Música

Alice Wonder | Elas Son Artistas

VI CICLO ELAS SON ARTISTAS

 

A VI edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes Elas Son Artistas contará cun peche de luxo nesta edición: Alice Wonder.

Tras un ‘sold out’ na mítica sala La Riviera de Madrid, Alice Wonder arranca un ano que promete consagrala dentro do panorama musical nacional. Alice está á cabeza dunha nova escea emerxente cun gran público xoven libre de prexuizos. A artista madrileña caeu como un raio de luz coa participación no Benidorm Fest, no que presentou o seu single Yo quisiera que acadou centos de miles de reproduccións en poucas semanas.

Durante este 2023 a artista está vivindo o peche da sua xira Que se joda todo lo demás e o comezo dunha nova etapa, estreando cancións en directo que irán formando parte dos seus próximos lanzamentos. Alice leva más dun ano colgando o ‘Entradas esgotadas’ en todas as cidades por onde pasa e iso nótase na expectación que segue xerando o seu proxecto.

Co seu EP debut Take off xa acumulou varios millóns de reproduccións no single que lle daba título. Despois chegaría Firekid, o seu primeiro disco, no que a precocidade musical da artista brillou máis que nunca nos 10 temas en inglés e o primeiro en español, Bajo la piel, que xa se converteu nun himno absoluto entre os seus seguidores. En maio de 2021 chegou Que Se Joda Todo Lo Demás, segundo álbum da artista e primeiro integramente en castelán.

Un concerto para deixarse levar pola creatividade dunha muller e a súa banda ata onde a imaxinación de cada asistente queira viaxar.