Maxia
EVENTO INFANTIL INFANTIL

MÁXICO CIRCUS CABARÉ [8 Festival Galego de Cabaré]

A compañía Cayetano Lledó pecha o 8º Festival Galego de Cabaré cun espectáculo infantil do que gozar en familia.

Desde a súa fundación no ano 2007, a compañía percorreu máis de 150 concellos galegos, acadando un enorme éxito nun total de case 350 actuacións.

Ao longo destes sete anos, trazou unha ampla traxectoria como actor e/ou actor como axudante de produción de importantes eventos tales como os festivais Compostela Máxica (Santiago de Compostela), Maxia Marín (Marín), Nadal Máxico (en mais de 50 concellos de Galicia) ou o Congreso Máxico Nacional 2010 (A Coruña) entre outros.

Fóra do ámbito galego, actuou en diversas cidades españolas, sendo a participación máis salientable a do Festival Hocus-Pocus 2011 en Granada, o evento máxico máis importante do pais.

Na esfera internacional, levou a cabo espectáculos de maxia en diversas cidades de Francia e Italia.

Prezo: 5 € (VR) / 7 €
Duración: 70 minutos

Calificación: Infantil

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 28 de Setembro de 2014 | 18:00

SINOPSE

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén vese na obriga de interpretar a diferentes personaxes para levantar o espectáculo. Pero durante o transcurso da actuación as cousas iran complicándose. Un show de maxia, comedia e humor apto para toda a familia.