MARATÓN DE CABARÉ E CAFÉ CANTANTE [8 Festival Galego de Cabaré]
Continúa esta oitava edición do Festival Galego de Cabaré cun maratón de cabaré e café cantante que contará coa participación das compañías galegas máis destacadas no xénero.
Un espectáculo de cabaré colectivo enfiado da man do COLECTIVO FEMME FATALE en formato maratón coa participación de varios dos artistas máis activos do momento na creación de espectáculos de cabaré, café teatro ou café cantante. Con banda sonora en directo da formación ourensán THETETA´S VAN, un grupo chegado dende Ourense que galeguizan e danlle un toque e estética moi cabareteira a temas universais do rock&roll.
A gala contará coa participación da compañía ferrolá 3DTRANS, formada por tres grandes como CRISTINA MARIÑO, CRISTINA MOREIRA OU SABELA AMADO-ROJO con fragmentos do seu espectáculo RIDE, RIDE, RIDE, a artista rianxeira ESTHER CARROD´EGUAS, co seu stand-poetry SUPERMARKET, o monologuista JOSE CARLOS ILLANES con fragmentos do seu espectáculo SOLISTA POR NARICES, momentos de danza contemporánea da man de AMPARO NOVAS CÍA ou moitos máis artistas nun espectáculo que fai lembrar as memorables GALA FEMME FATALE pero desta vez nun novo formato no que o cuplé, a música ao vivo, o jazz, o cabaré, o monologuismo ou a comedia entrarán nun crisol para fusionarse nun espectáculo do máis poliédrico.
MARATÓN DE CABARÉ E CAFÉ CANTANTE [8 Festival Galego de Cabaré]
Continúa esta oitava edición do Festival Galego de Cabaré cun maratón de cabaré e café cantante que contará coa participación das compañías galegas máis destacadas no xénero.