Cabaré

Babel. Canto de sereas [8º Festival Galego de Cabaré]

Despois de oito anos de traxectoria a Compañía Femme Fatale dá un xiro na súa traxectoria e convértese no COLECTIVO FEMME FATALE, unha entidade artística con residencia na sala SALASON de Cangas do Morrazo. Este cambio de residencia e de fundamento faise para adaptarse ao actual panorama escénico galego optando por solucións máis imaxinativas e máis colectivas.

O Colectivo Femme Fatale nace despois dun curso casting realizado pola Consultora Cultural TIL DIACRÍTICO en Pontevedra en maio de 2014. Contando coa dirección escénica de Nelson Quinteiro, este colectivo, que agrupa a case unha ducia de artistas con residencia na área de influencia de Pontevedra-Vigo, vén a presentar a súa primeira obra dentro desta nova andaina, baixo o título “Babel. Canto de sereas”. Na estela de linguaxes anteriores de Nelson Quinteiro como “Varadas” (2008) ou “As Nenas Perdidas” (2011), en “Babel. Canto de sereas” abórdase unha reconstrución do xénero creando unha historia na que A CIDADE é o que simboliza o cabaré.
Femme_Fatale_PEQ

Prezo: 11 € / 9 € (VR)
Duración: 90 minutos

Calificación: PA

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 25 de Setembro de 2014 | 21:00

SINOPSE

Inspirado na estética e linguaxe de Won Kar Wai, BABEL pivota arredor da creación literaria, as perversións sexuais e o suicidio como liñas dunha historia retrofuturista nunha cidade imaxinaria chamada Babel, onde non existen as convencións sociais e onde as cousas amósanse tal e como son.

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO. Mónica Salgueiro, Ademar Silvoso, Santiago G. Telmo, Olga Rodríguez del Rio, Arantxa Figueroa, Noelia Toledano, Rocío Romero Otero, Alba Fernández Troiteiro, Paloma Saavedra. GUIÓN E DIRECCIÓN. Nelson Quinteiro