O próximo día 30 de setembro no marco do congreso anual da Sociedade Galega Interdisciplinaria da SIDA (SOGAISIDA) presentarase o documental Tomás Fábregas. Fighting barriers. O director Domingo D Docampo exhibirá un work in progress da longametraxe que ten previsto a súa estrea en 2023. A proxección terá lugar no Teatro Colón ás 20h e asistirán o equipo técnico así como familiares e amigos de Tomás Fábregas.
Tomás Fábregas non xogaba ao fútbol nos recreos. Os seus compañeiros de Bacharelato, na Coruña, apenas o lembran. En San Francisco é un heroe. Un activista, cuxa imaxe xunto a Liz Taylor,
desafiando ao goberno dos EEUU, deu a volta ao mundo. Enfermo de sida, e inmigrante, Tomás xogou un papel fundamental nos momentos máis duros da epidemia. O seu defensa dos grupos máis desfavorecidos e as súas estratexias de xestión e de comunicación serían claves na evolución do trato ás persoas afectadas polo VIH.
Tomás Fábregas. Fighting barriers