Cine

Colón Noir: Fargo

COLÓN NOIR

 

O Teatro Colón vístese de etiqueta negra para inaugurar COLÓN NOIR, un ciclo de cinema en 35mm e en versión orixinal subtitulada, onde o crime, os detectives e as “femme fatais” serán os grandes protagonistas. Unha coidada selección de películas que irán acompañadas por coloquios con varias das figuras máis relevantes da novela negra de orixe galega.

Colón Noir abrirá fogo o xoves 31 de marzo coa proxección de Fargo, dos irmáns Coen, seguida dun coloquio coa escritora Nieves Abarca. O xoves 21 de abril será a quenda para O carteiro sempre chama dúas veces, de Bob Rafelson, e contaremos coa presenza do escritor Diego Ameixeiras. E como colofón, o xoves 9 de xuño, A pleno sol de René Clement será a película elixida, e Domigo Villar o escritor que nos acompañará no coloquio que pechará o ciclo.

Prezo: 3€



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 31 de Marzo de 2022 | 20:00

SINOPSE

(Español) Un home retraído e tímido, casado coa filla dun millonario que lle impide gozar da súa fortuna, decide contratar a dous delincuentes para que secuestren á súa muller co fin de montar un negocio propio co diñeiro do rescate. Pero, por unha serie de azarosas circunstancias, ao secuestro súmanse tres brutais asasinatos, o que obriga á policía a intervir.