Prezo: 10€ | 12€ | 15€ | 18€
DATAS E HORARIOS
- Luns, 6 de Decembro de 2021 | 20:00
- Luns, 6 de Decembro de 2021 | 23:00
- Martes, 7 de Decembro de 2021 | 20:00
- Martes, 7 de Decembro de 2021 | 23:00
- Mércores, 8 de Decembro de 2021 | 17:00
- Mércores, 8 de Decembro de 2021 | 20:00
Somos criminais 3
Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos que hai sobre nós? É verdade que respondemos ás preguntas con preguntas? Non se sabe se subimos ou se baixamos?
Din que as segundas partes nunca foron boas, por iso pasamos directamente á terceira.
En Somos Criminais III, Carlos Blanco e Xosé Touriñán, analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos.