Música

Jean Toussaint Quartet

DE FESTIVAIS: MÁS QUE JAZZ

 

Jean Toussaint naceu en Saint Thomas (Illas Virxes) en 1960 e pronto trasladouse a Nova York. A finais dos anos setenta estudiou na prestixiosa Berklee College of Music e comezou a tocar xunto a Wallace Roney. Desde 1982 ata 1986 formou parte de Art Blakey and the Jazz Messenger, unha das formacións imprescindibles da historia do jazz liderada por un dos mellores bateristas de tódolos tempos. Nos Messenger compartiu xiras e gravacións con músicos como Terence Blanchard, Lonnie Plaxico, Donald Harrison ou Mulgrew Miller.

En 1987 fixou en Londres a súa residencia. Desde entón protagonizou unha importante carreira coma líder dos seus propios proxectos, aínda que tamén foi chamado para actuar xunto a históricos da magnitude de McCoy Tyner, Gil Evans, Max Roach, Horace Silver ou Cedar Walton.

Toussaint é coñecido por un son poderoso que, xunto á riqueda do seu fraseo e á orixinalidade das súas creacións, fan del un músico singular, actual pero respectuoso áo tempo coa tradición do jazz moderno.

Leva editado máis de dez álbums coma líder.

Prezo: 14,03€ | 14,96€ | 15,59€ | 16,62€ | 18,70€ | 19,48€ | 20,78€ | 25,98€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 16 de Xullo de 2021 | 21:00

FICHA ARTÍSTICA

  • Jean Toussaint - saxo tenor

  • Antonio Mazzei - piano

  • Horacio Fumero - contrabaixo

  • David Xirgu - batería