Teatro

E poñerán esposas ás flores…

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

…E poñerán esposas ás flores, esta obra de Arrabal moi poucas veces representada nas taboas dun teatro profesional, preséntanos unha montaxe que narra a memoria histórica pero dun xeito cálido e entretido, o autor introduce na peza a historia do caso real de Julian Grimau, que foi condenado a morte na ditadura franquista. Aparecen reflexados os feitos verídicos que lle aconteceron durante o seu xulgamento por un tribunal militar.

Cóntanos os anos de posguerra, de represión franquista e de como era a vida dos presos do bando oposto nas cárceres franquistas. Todo isto está narrado polos personaxes, que as veces tratarán de matizar co humor a situación tan surrealista que lles tocou vivir.

Xa que si Arrabal escribe esta obra que sitúa no surrealismo, pode escribirse surrealismo dunha situación surrealista? Un planeta que emerxe, que avanza, que pon o pé na lúa contra unha España esquecida, silenciada, durmida, que hiberna e non medra; son as cousas que se poñen en contexto ao longo da peza.

A través da proxección e da música en directo intentamos transmitir esta obra dunha maneira máis cercana ao público, queremos darlle cor. Esa época tivo cor para os que a viviron, e hoxe moitos só poden imaxinala en branco e negro.

Dámoslle voz a todos aqueles que calaron, a todos aqueles os que lles cortaron a lingua.

Prezo: De balde con convite.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 3 de Abril de 2021 | 19:30

FICHA ARTÍSTICA

Dirixida por Javier F. Mariño.
Con Iria Lamas, Alejandro Carro, Andrés Mahía, Marcos Fernández e Klaus Martínez.