Cine

Cormorán Film Fest: Krabi 2562, Lúa Vermella, Community gardens, El código interior, Aquí y allá

CINEMA EXPERIENCE

 

➡ 16.30 horas. Curtas

✅ COMMUNITY GARDENS (Vytautas Katkus, Lituania).
✅ EL CÓDIGO INTERIOR (Pau Subirós, España).
✅ AQUÍ Y ALLÁ (Melisa Liebenthal, Argentina).
Charla online cos directores e directoras.
Asistencia de Pau Subirós.

➡ 18.00 horas

✅ KRABI 2562 (Anocha Suwichakornpong y Ben Rivers, Tailandia).

➡ 20.00 horas

✅ LÚA VERMELLA (Lois Patiño, Galicia).
Coloquio posterior con asistencia do director Lois Patiño.


O Cormorán Film Fest é un festival internacional de cine de autor, que nace coa vontade de traer á Coruña películas e pezas que reflicten a visión do mundo dos seus directores, e presentan historias en sintonía cos desafíos e conflictos das sociedades actuais. Precisamente o nome de Cormorán alude a isto; como unha das únicas aves que se sumerxe tralo seu alimento, buscamos un cine que arrisque e profundice nos problemas e dilemas de hoxe en día, que navegue as augas bravas do que significa vivir en 2020.

En 2020 manteremos este espírito, presentando un cine comprometido e honesto que conmova e faga pensar, e acompañe ao público ao salir da sala. Porque o Cormorán mergúllase cara o futuro, en busca de propostas constructivas coas que superar o estatismo da ironía e construir realidades sinceras. Cine, música, letras: faino ti mesmo!

PROGRAMA COMPLETO

 

Prezo: De balde con convite



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 29 de Outubro de 2020 | 16:30