Duración: 80 minutos
Calificación: PA
QUE ME ASPEN é o título do novo show do personaxe máis bonico, pero á vez máis tontico que existe desorbitando polo noso sistema galáctico. Esta vez ofrécenos a súa popularidade máis ingrata e oculta, amosaranos os perigos de non ter filtro ao falar … Joaquín Reyes preséntanos un espectáculo máis ‘divertido e cabareteiro’. Cine dos anos 80, Mundo viejuno, O colmo das palabras que van xuntas, a verdade sobre as letras das cancións de Michael Jackson, bailes inventados e coa presenza do Sr. Caballo. Un pouco de maxia, lume e mentalismo sobre o escenario … Agárrate á túa butaca! O verdadeiramente certo é que é un show novo, no que haberá moitas máis mamarracheces do manchego, e tal vez volva cantar, pero máis tolo que nunca. Se o público o merece, o rapaz brindarase a facer un ‘Celebrities’ improvisado, aínda que isto non é seguro …
Joaquín Reyes, Que me aspen
Sen lugar a dúbidas falar de Joaquín Reyes é sinónimo de humor, humor absurdo, humor de culto… ou se queira catalogar.Estamos ante o herdeiro de artistas como ‘Gila’ ou ‘Faemino y Cansado’, o cómico das novas xeracións, que conseguiu coseitar un clube de fans e seguidores por todo o territorio nacional, grazas á creación de programas tan talentosos como ‘LA HORA CHANANTE, MUSEO COCONUT e MUCHACHADA NUI’ onde realiza parodias e se caracteriza de diversos personaxes nun apartado chamado ‘Celebritis’.
Joaquín foi co-creador e co-director da páxina de animación Cartun.com, na que comezou a crear e desenvolver a algúns dos seus personaxes como Doctor Alce, Señor Pussy ou Super Ñoño. Deuse a coñecer en 2001, facendo monólogos no programa Nuevos Cómicos.
Albaceteño de nacemento e manchego por excelencia. Estudou na Universidade de Cuenca xunto aos seus compañeiros Julián López, Raúl Cimas e Ernesto Sevilla, e pese a que moitos o dubidaban chegaron a licenciarse en belas artes. Por aquel entón andaban con Carlos Areces e Pablo Chiapella, que xuntos emprenderon un novo proxecto e deron ao noso país, un lugar no humor de culto.
Museo Coconut é o último éxito de Joaquín Reyes. Unha telecomedia (sitcom) para a canle NEOX na que Joaquín protagoniza o papel de ‘Onofre’ o garda de seguridade do museo no que xutno ao seu fiel e inseparable compañeiro de reparto Julián López relátanos as súas aventuras e anécdotas con ese toque de humor que os caracteriza.
O éxito do programa obrígaos a presentar a segunda e terceira tempada para o inverno de 2011 con novos capítulos, escenarios e cameos con outros artistas do mundo do humor e da música.
E se non fora pouco Joaquín Reyes é o debuxante e creadore do famoso Enjuto Mojamuto. Unha creación para TVE e que co paso dos anos MOVISTAR quixo perpetuar nun proxecto en Internet, no que o seu primeiro día obtivo máis de 200.000 visitas. Enjuto Mojamuto é un debuxo no que a súa vida é a paixón por Internet, os ordenadores e o mundo virtual. Enjuto Mojamuto pasa as 24 horas do día en Internet. Este personaxe simpático e gracioso cóntanos as súas vivencias e anécdotas coa propias voz de Joaquín Reyes.