Duración: 60 minutos
Calificación: TP
O premiado ballet de Carmen Roche pon en valor un programa que vai dende a danza clásica brillantemente executada ao contemporáneo máis vangardista pasando polo estilo neoclásico propio de Nacho Duato. O espectáculo está composto polas pezas clásicas Paso a Dous de O Corsario e Bela Adormecida, ambas de Marius Petipa, Mimi e Fredo de estilo neoclásico creada por Tony Fabre, unha peza contemporánea de Jordi Vilaseca e Without Words cedida por un dos noso coreógrafos máis universais: Nacho Duato.
Ademais, as coreografías son introducidas por un material audiovisual inédito onde Carmen Roche e o propio Nacho Duato nos presentarán unha a unha as pezas que se irán desgranando e achegándonos máis á danza.
BALLET CARMEN ROCHE. TIMELESS, de Petipa a Nacho Duato
O Ballet Carmen Roche comezou a súa andaina profesional en 1998 da man da súa directora, a recoñecida mestra Carmen Roche, que conseguiu consolidar a compañía como unha das formacións máis estables e punteiras do noso pais.
A compañía aposta deliberadamente pola difusión das obras básicas do patrimonio do ballet clásico estando aberta a todas as linguaxes da danza.
Coreógrafos como Tony Fabre, Ramón Oller, Mario Zambrano, Gustavo Ramírez, Ángel Rodríguez, Pascal Touzeau, etc. Crearon especialmente pezas para ela, o que lle foi dando o seu propio estilo e personalidade.
No ano 2004 o Ballet Carmen Roche inicia un novo camiño creativo, recuperando grandes clásicos do repertorio de ballet, como Romeo y Julieta, Cascanueces e Desde Otello.
En 2007 a compañía convencida da necesidade de crear novos públicos para a danza, encamíñase á creación de obras para un público famliar, baseadas en clásicos da literatura infantil.
Así xorden obras como ‘Cenicienta’, ‘El Patito Feo’, ‘La Bella Durmiente, Sueña’, ‘La Niña Farola’ e ‘Cuentos de Danza’. Obras destinadas a todos os públicos que achegan a danza a toda a familia, a través de historias coñecidas e que se adaptan para ser máis próxima ao público actual.
En 2012 a compañía volve a facer un aceno ao público adulto cun clásico de Shakespeare ‘El sueño de una noche de verano’, que se reinventa coa creatividade de Tony Fabre.
Xa en 2013 unha data coma os 15 anos da compañía non se podía celebrar doutro xeito que non fose cun programa conmemorativo que achega a danza e a traxectoria da compañía a todo tipo de públicos.