Orquesta E Coro Gaos
Gloria Novoa, soprano
Ana Jesús Sánchez, alto
David Ferreiro, tenor
Axier Sánchez, barítono
Emilio Alonso Espasandín, clarinete
Fernando Briones, director
O Réquiem de Mozart é a peza sacra máis interpretada, reverenciada e mitificada da historia sonora de Occidente. Froito dun encargo anónimo ao compositor e completado parcialmente despois do falecemento de Mozart polo seu discípulo Franz Xaver Süssmayr, a misa de defuntos foi unha continua fonte de especulacións. O romanticismo e a soada película Amadeus de Milos Forman contribuíron a promover o tópico do Réquiem como paradigma tráxico das últimas semanas dun compositor incomprendido e envexado pola súa contorna, desdichado e illado do mundo. Este prexuízo, totalmente falso, esconde a un Mozart que en 1791 compuxo obras dunha alegría e luminosidade desbordantes como, por exemplo, o Concerto para clarinete e orquestra en La maior.
Orquesta Gaos – Réquiem de Mozart