Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, cun programa de bandas sonoras do cinema español: As Nosas Músicas.
Partituras de José Nieto e compositores galegos escritas para cine e TV.
A SEMUA, Semana das Músicas do Audiovisual, é un festival singular que, baixo a dirección artística do compositor Nani García, dá protagonismo ás músicas para cinema, televisión e outros medios audiovisuais, difundindo as mellores composicións en cada xénero. Esta terceira edición terá lugar do 21 ao 26 de outubro e contará cun programa de clases maxistrais e conferencias dirixidas a profesionais do sector, así como concertos didácticos para os máis pequenos a cargo da Banda Municipal. A Semuá dedicará unha especial atención á figura de José Nieto, autor referencial que traballou cos máis prestixiosos cineastas españois e internacionais. Poderase gozar no CGAI-Filmoteca de Galicia do visionado de dous dos seus traballos comentados polo propio Nieto. Para pór o ramo, o venres 26 de outubro, a OSG ofrecerá un concerto no Teatro Colón no que se interpretarán algunhas das principais partituras de José Nieto así como temas de compositores galegos como Xavi Font, Sergio Moure, Manuel Conde, Manuel Riveiro ou o propio Nani García.
AS NOSAS MÚSICAS. Interpretadas pola Orquesta Sinfónica de Galicia e dirixidas por Andrés Valero-Castells. Na súa III Edición, a SEMUA (Semana das Músicas do Audiovisual) rinde homenaxe ao compositor José Nieto, cunha semana repleta de actividades que culminará o Venres 26 de Outubro cun gran concerto no que a Orquesta Sinfónica de Galicia interpretará algunhas das mais representativas partituras de José Nieto así como temas de compositores galegos de renome como Nani García, Sergio Moure, Manu Conde, Manu Riveiro e Xavi Font.
SEMUA III Semana das Músicas no Audiovisual
Ciclo Cinema Experience