É por movementos aberrantes que se abisma en fragmentos,
o ensino non enunciado dunha arte escura que pon a vibrar
soidade e silencio. Non baila. Retórcese, treme, quebra, cae,
dá un paso. Nun virar sen eixo, fabrica unha nova sensibilidade.” – jm.
método negro | unha coreografía de javier martín
Durante dúas semanas consecutivas, o Teatro Colón acollerá o proxecto de investigación en comunidade da coreografía ‘método negro’ de Javier Martín e a súa residencia técnica, unha iniciativa impulsada desde o Colectivo rpm a través do programa ‘residencias paraíso’.
A coreografía consta dun proceso de creación continuo, que sostén a convocatoria de grupos de traballo temporais. A intención é a de situar nos corpos os contidos que conforman as texturas de movemento de ‘método negro’, desenvolvendo unha deriva investigadora en comunidade, nun corpo ampliado ou ácrata. Trátase de permitir a inferencia e a crítica, enriquecendo a coreografía na coemergencia do fenómeno, e compartir coñecemento. Unha práctica en código aberto.
Dentro das actividades públicas da residencia, haberá dúas xornadas nas que se abrirá a creación do solista ao público mediante a mostra escénica de fragmentos e escenas que conformarán a peza -actualmente en cuestión e traballo-, e mediante o relato da súa creación a través de vídeos, textos e obxectos que a conforman. A segunda xornada completarase coa proxección da película ‘qviasma’, que o cineasta Tono Mejuto realizou no propio teatro achega do proceso de creación coreográfica de Javier.
Unha oportunidade para compartir a intimidade dos procesos de creación, así como a súa correlato teórico, e impulsar a crítica aberta entre os asistentes. Desenvolvida en lugares tan singulares como os Centros de Residencia Eira en Lisboa ou L’animal a l’ esquena en Xirona, o Museo do Chopo en Cidade de México, a cámara anecoica da Universidade de Vigo, ou a ETSAC- Escola Técnica Superior de Arquitectura A Coruña, ‘método negro’ ábrese agora ao público no Teatro Colón coa intención de acompañar e soster a creación e afinación das súas texturas a nivel de movemento, para a súa inminente estrea o próximo 12 de maio no Teatro Rosalía De Castro, tamén na Coruña. Novas dinámicas de relación en canto á xestión cultural refírese e o seu desenvolvemento, e no apoio á creación dun contexto participativo en artes vivas.
O calendario das sesións abertas ao público no Teatro Colón será o seguinte:
Aproximación a “método negro” (foco na coreografía) o día 4 de abril ás 20 horas no Teatro Colón (duración de 25 minutos e posterior debate, coa asistencia de alumnado de ETSAC que participaron do deseño da escenografía).
Aproximación a “método negro” (foco no mapa do proceso e teoría) o día 5 de abril ás 20 horas no Teatro Colón (duración de 30 minutos e posterior debate) + Proxección de ‘qviasma’ de Tono Mejuto (duración 12 minutos).
crea e baila: jm | luz: octavio máis | asistencia de dirección: sabela mendoza | vestiario e traballo plástico: marieta gonzález e manolo cremallera | fotografía: carlos bernar | concepto, escenografía e textos: jm
_residencias de creación: EIRA e Polo dás Gaivotas, Lisboa; L’animal a l’ esquena, Xirona; Colectivo rpm/Residencias Paraíso, Teatro Colón, A Coruña.
_traballos de investigación: UNAM-Universidade Nacional Autónoma de México; TotemDance House, Kiev; Cámara anecoica – Facultade Enxeñería de Telecomunicacións, Universidade Vigo; CDG-Centro Dramático Galego; ETSAC-Escola Técnica Superior de Arquitectura, Teatro Rosalía De Castro, Facultade Ciencias da Saúde, INEF-Instituto Educación Física e Ciclo superior de Educación Infantil do CIFP Ánxel Casal, A Coruña.
Desenvolve un proxecto de investigación de corte epistemológico ao redor das artes do movemento que atopa as súas fugas na creación de discurso e aplicacións do mesmo, a escrita, o desenvolvemento de seminarios transdisciplinares de corte práctico, conferencias- performativas, procesos de obra acompañados de talleres do espectador, a activación e desenvolvemento de grupos de investigación, o acompañamento de itinerarios formativos en distintas universidades, e, como motor e causa de todo, a creación de espectáculos. O iluminador Octavio Máis achega a súa sensibilidade e saber facer ao proxecto.
Nas súas orixes foi artista residente no Teatro Galán de Compostela (2005). Desde entón, estreou máis de 30 pezas como ‘a exforma’, ‘o antiedipo’, ‘control’ ou ‘ metopio’; traballando en España, Francia, Rusia, Portugal, México e Ucraína. Realiza relatorios, escribe o seu primeiro libro ensaio, e participa en encontros ao redor da performatividad aplicada a contextos non especificamente artísticos en diferentes congresos, universidades, mostras, laboratorios, etc, relacionados coas artes do movemento. Recentemente foi artista residente en L’animal a l’ esquena, Xirona; EIRA, Lisboa; Kannon Dance House, San Petersburgo; Centro de Danza Canle, Madrid; Museo Universidade de Navarra ou Teatro Colón na Coruña. Ha presentando os seus últimos proxectos en UNAM e Museo do Chopo, México; GogolFest, Kiev; Teatro Alexandrinsky, San Petersburgo; CCCB, Barcelona; Theatro Circo, Braga; Museo Pompidou, Málaga; Museo Reina Sofía, Madrid; Univ. Sorbonne, París; entre outros teatros e centros de arte. En maio deste ano presentará o seu novo proxecto ‘método negro’.
Método negro – Coreografía de Javier Martín
método negro | artes do movemento | www.javiermartin.gal
residencias paraíso | Teatro Colón | Deputación A Coruña
instalación – performance – acción contemporánea – investigación
“Desde unha posición relativa de debilidade,
áchase permitindo a forma. Na fame
emite metodoloxía, e trazo. Distonía, técnica.
Non se pode explicar a auga, coméntase.

javier martín | coreógrafo | CV_ http://bit.ly/2nOkhdG