Teatro

Elisa e Marcela

A Panadaría

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 2 de Decembro de 2017 | 20:30

SINOPSE

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o Estado mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da Historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.

FICHA ARTÍSTICA

ACTRICES CREADORAS: Areta Bolado, Noelia Castro e Alién Kendelman. DIRECCIÓN: Gena Baamonde. TEXTO: Esther F. Carrodeguas, Gena Baamonde e A Panadaría. MÚSICA: Alién Kendelman. VESTIARIO E CARACTERIZACIÓN: Fany Bello. ILUMINACIÓN: Montserrat Piñeiro e Laura Iturralde.