GALA DE HUMOR PALABRA DE MUJER, organiza Asociación Zona Comercial Obelisco a beneficio de Asociación Proyecto Quimions
Este evento, enmarcado na semana da violencia de xénero, pretende poñer voz ás mulleres en clave de humor. A súa intención é fomentar a colaboración dos cidadáns coa Asociación Proyecto Quimions, que destina todo o seu esforzo a facilitar e humanizar o día a día dos pacientes oncolóxicos de todas as idades na nosa cidade. A gala conducida por María Solar contará coa participación do dúo musical In Feminino Plural –formado por Silvia Penide e Carla López-, Yésica Val, Adelaida Pittaluga, Diana Sieira, o dúo cómico formado por Iria Mourón e Marta Mato e Sara Escudero.
Son obxectivos de Proyecto Quimions:
1- Facer da súa sede, un espazo de referencia na cidade de A Coruña, para uso dos afectados polo cancro poñendo á súa disposición servizos (xurídico, xestor, psicolóxico e psiquiátrico) e una ampla carteira de actividades, totalmente gratuítas.
2- Realización de obradoiros de elaboración de quimions, para poder distribuír aos hospitais de toda España, coa fin de disfrazar as bolsas farmacolóxicas de oncoloxía e facer da quimioterapia un momento máis levadeiro e humano.
3- Humanización de áreas infantís do Hospital Materno Infantil de A Coruña, en base á decoración de paredes de estancias hospitalarias.
4- Consecución e xestión dun ou máis pisos tutelados, para facilitar a estancia temporal e descanso de familias que deben desprazarse á nosa cidade por causa do tratamento oncolóxico infantil, de xeito que se reduza a un prezo mínimo a súa estancia na cidade, e non encareza e agrave aínda máis se cabe a súa situación.
Para cumprir con todos estes obxectivos, a Asociación Proyecto Quimions promove e implica a participación cidadán en eventos de diversa índole, para que todos sumemos. Non cabe dúbida que sumar, multiplica. Trátase de concienciar porque entre todos, podemos logralo.
Prezo: 10 € Duración: 90 minutos Idioma: GAL / CAS Calificación: +18