Prezo: 6€ (VR) / 8€
Duración: 60 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +2
Duración: 60 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +2
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: CRISTINA ZAMBRANA. INTÉRPRETES: DARÍO GALLEGO, RAUL ORTIZ, JOSEBA PRIEGO, GUIOMAR CANTÓ, CRISTINA ZAMBRANA. MÚSICA: MOZART. ESCENOGRAFÍA E ATREZO: JESÚS GORDO E ROBERTO ROCKMAN. ILUMINACIÓN: JUAN MANUEL GONZÁLEZ. VESTIARIO: MARIO PERA. SON: RAFA LÓPEZ. AUDIOVISUAIS: MARIO GARCÍA. INTERPRETACIÓN MUSICAL: MIKAHIL STUDYONOV
LA FLAUTA MÁGICA, Ferroteatro
Trátase dunha adaptación infantil e en castelán da célebre ópera de Mozart ‘Die Zauberflöte’ (La flauta mágica) que se estreou en Viena no ano 1791.
Tamino, mozo príncipe, vai caer nas mans da malvada Raíña da Noite, que o persuade para ir na procura da súa filla Pamina axudado polo mozo cazador de paxaros real, Papageno. Para a cruzada, a Raíña da Noite regalará a Tamino un obxecto máxico de incalculable valor: a frauta máxica.
Pamina atópase retida nos dominios do seu pai, o Rei Sarastro, e é asediada polo servente deste, Monostatos, que pretende o seu amor. Sarastro descobre o mal trato que lle é dado a Pamina por parte de Monostatos e decide desterralo dos seus dominios.
Tamino namórase da princesa e pídelle ao Rei Sarastro a súa man, que este lle outorga sempre e cando supere tres probas. Coa axuda de Papageno, Pamina, o seu tesón e o seu valor, Tamino superará as probas obtendo así a graza do monarca, que, sacándoo do seu erro, faralle comprender que a Raíña da Noite é malvada, e que o obxectivo de reter a Pamina no seu palacio non era senón para coidala.
Papageno obterá pola súa axuda unha sorte case divina, atopar unha Papagena coa que poder compartir a súa vida. Pola súa parte, Sarastro consegue derrotar dunha vez á malvada Raíña da Noite, pois o ben sempre vence sobre o mal e a luz sobre a escuridade.