Teatro Afeccionado

O LAGO DOS CISNES, [CICLO DE TEATRO AFECCIONADO CANDILEJAS DON BOSCO]

OBRA: O LAGO DOS CISNES

GRUPO: CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

O colexio público Emilia Pardo Bazán ten unha ampla tradición teatral. Entre os variados proxectos que neste eido se desenvolven no centro, o Grupo de Teatro Interaulas pon en escea, desde hai catro anos, obras dramáticas abertas á participación dos alumnos de distintos niveis que, cada curso, se inscriben no proxecto.

Este grupo, que xurde da unión de diferentes iniciativas impulsadas desde o Departamento de Orientación, o EDLG, o EACE e a área de E. Musical, foi medrando, co tempo, grazas a colaboración crecente dos membros da Comunidade educativa.

Dentro da liña pedagóxica do colexio, na que se prantexa o teatro como un recurso educativo máis, os obxectivos que guían o traballo do Grupo Interaulas son tanto artísticos como pedagóxicos: desenvolver a expresividade da emoción a través da interpretación corporal, a expresión verbal, a danza, o canto e a música; divulgar obras e autores clásicos; potenciar a inclusión do alumnado con todo tipo de necesidades educativas; educar a vontade e a capacidade de esforzo; favorecer o desenvolvemento das habilidades de cada un (memoria, estratexias atencionais, fluidez verbal, ….) O marco lúdico, que o teatro aporta, permite desenvolver a actividade educativa ao longo de todo o curso, cun alto grado de motivación e implicación por parte do alumnado.

A obra deste ano, unha adaptación teatral do ballet ‘O Lago dos Cisnes‘, pretende achegar aos máis novos o mundo da danza, a través da dramatización da historia que este ballet representa.

lago_cisnes

 

Prezo: 3 €
Duración: 90 minutos
Idioma: GAL
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 30 de Xuño de 2016 | 20:30

SINOPSE

INTRODUCIÓN Está a piques de comezar a adaptación teatral de “O Lago dos Cisnes“; se o director é quen de solucionar todos os atrancos que se presentan.

PRÓLOGO A princesa Odette de Svarolia e as súas damas son convertidas en cisnes mediante un feitizo do traidor Vont Rotbart.

ACTO I No reino veciño, o príncipe Sigfredo vese obrigado a buscar esposa, presionado pola súa nai, a raíña Almena de Sticalia.

ACTOII Durante unha partida de caza, Sigfredo coñece a Odette e ofrécese para desfacer o feitizo da princesa.  Para logralo, deberá loitar contra a maldade de Vont Rotbart e a súa filla Odile.

ACTO III Na sala real, o príncipe Sigfredo debe elixir esposa entre as numerosas pretendentes. No baile preséntanse tamén Vont Rotbart e a impostora Odile, enganando ao príncipe.

EPÍLOGO A valentía dos cisnes e a xenerosidade do príncipe Sigfredo poñen a proba o poder de Vont Rotbart.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: JORGE DÍAZ, ANA RÍO, CAEL GENERELO, XIANA RAMA, CARLOS ESPARZA, G. BAOQIONG GARCÍA, TATIANA CADAVIECO, NAIARA SILVA, TIAGO SALAÑO, CECILIA ORDÓÑEZ, AROA COTOS, LUCÍA FRAGA, ADRIELLY GÓMEZ, VIOLETA ARIAS, ANA Mª PITA, IRENE GONZÁLEZ, SABELA IGLESIAS BELETE MEDRANO, NOA OTER O , CARLA LEMA, IRIA LOZANO , ANABEL SÁNCHEZ, MARÍA JESÚS SILVA, IRENE DONCEL , ALBA CERNADA, CLAUDIA COTROFE ,CARLA LORENZO, LUCÍA GEADA , IRENE DEL VAL, LUCÍA MARTELO MARÍA SERRA , LUCAS NOGUEIRA, PABLO COUSILLAS, IVÁN CASTRO, TAMARA VEGA , ARIADNA BARRUL, MIGUEL CÁMARA, ANDREA GAREA, MARTÍN ALVAR, YURENA RODRÍGUEZ, MIGUEL LEDO, INÉS MARTÍNEZ, MARCOS CAMPO, JAIRO RODRÍGUEZ, CANDELA CARBALLO, ANUSH MIRANDA, CAROLINA TATO, CLAUDIA TORRADO, LAURA DÍAZ, LEILA GONZÁLEZ, ZAIRA NANTÓN , ALBA GARCÍA, LEA MATHEWS, LAURA SOUTO, ALBA MANEIRO, XURXO RIVERA, ANTONIO MUÑOZ , RAQUEL GONZÁLEZ, VICTOR ESPARZA, VICTORIA Mª JUSTINO, ANA MORENO, MARTA RODRÍGUEZ, JIMENA REILLO, UXÍA CASCALES, JUANITA RESTREPO, MARTA MORÁS, NOELIA FURELOS, AINOA PERNAS, LARA RUÍZ.