Concierto

EL CONSORCIO, gira despedida

Para presentar a El Consorcio é inevitable remitirse a Mocedades, xa que todos os seus integrantes pertenceron a ese grupo, a única formación hispana que vendeu un millón de copias dun ‘sencillo’ cantado íntegramente en castelán. Xoias como ‘Tomame o déjame’, ‘El vendedor’, ‘La otra España’, ‘Qué pasará mañana’, ‘Secretaria’, ‘Quién te cantará’, ‘Desde que tú te has ido’, ‘Amor de hombre’, ‘Dónde estás corazón’, ‘Le llamaban loca’ e moitas máis, marcan a súa extensa e intensa traxectoria con catro décadas de historia da música española.

Unha historia que comezou alá a finais dos anos 60, cando oito mozos estudantes de Bilbao apaixoandos da música folk se reuniron para dar renda solta á súa vocación musical. Nacera Mocedades, un dos grupos máis emblemáticos en El Consorcio, grupo formado por Amaya Uranga, Estíbaliz Uranga, Iñaki Uranga y Carlos Zubiaga, todos ex – Mocedades.

O tempo pasa, pero o que queda son as súas magníficas voces, cun empaste e unha calidade sen igual, postas ao servizo dunhas cancións imperecedoiras, moitas feitas a medida para crear un corpo único, sen antecedentes nin herdeiros na música española. El Consorcio, coma antes Mocedades, é o grupo vocal por excelencia do noso país e as súas cancións permanecen, agora renovadas.