Prezo: ANTES 29/05/2016: 15 € (VR) / 18 €. A PARTIR DE 30/05/2016: 18 € (VR) / 20 €
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 14
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 14
REPARTO: MALENA ALTERIO, ERNESTO ALTERIO, ENRIC BENAVENT, ADRIANA OZORES, FERNANDO TEJERO. DIRECCIÓN E POSTA EN ESCENA: CARLES ALFARO. ADAPTACIÓN: ENRIC BENAVENT, CARLES ALFARO. DESEÑO DE VESTIARIO: MARÍA ARAUJO. MÚSICA ORIXINAL: MARIANO MARÍN. AXUDANTE DE ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: VANESA ACTIF. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: RAFAEL LAVIN. AXUDANTE DE PRODUCIÓN: ISABEL SÁIZ. XEFE DE PRODUCIÓN: RAÚL FRAILE. XEFE TÉCNICO: DAVID PÉREZ ARNEDO. PRODUTOR EXECUTIVO: JESÚS CIMARRO.
ATCHÚUSSS!!!, sobre textos humorísticos de ANTÓN CHÉJOV
ESPECTÁCULO RECOMENDADO POR: LA RED DE TEATROS
Na longa lista de textos humorísticos que escribiu Antón Chéjov (co pseudónimo Antosha Chejonte que empregou durante a súa mocidade) o autor, dotado dunha ilimitada capacidade de comprensión e unha inmensa piedade, converteu en protagonistas a uns pobres diaños que ata entón só serviran de foriño, coro e paisaxe de fondo doutros personaxes moito máis poderosos; a moitísimos homes, mulleres, nenos e ata animais, cada un deles coas súas mesquindades e os seus heroísmos, as súas covardías, as súas avaricias, as súas ansiedades, os seus fastíos, as súas enfermidades, as súas ilusións, as súas ridiculeces, as súas pequenas ousadías e os seus grandes arrepentimentos. E non en bloque, senón (oh xenialidade) dun en un, coma sen dubida merecían; é dicir, merecemos. Deles (e de nós) trata esta obra.
É lóxico pensar que Chéjov se inspirou nos pacientes que como médico recibía ou visitaba para escribir os numerosísimos personaxes que imaxinou. Non é estraño supoñer que a primeira vez que entrou en contacto con eles fora na súa consulta ou no mesmo dormitorio do enfermo. Ou sexa que na orixe de moitos deles é case seguro que hai unha enfermidade. Nós quixemos unificar esa suposta enfermidade en todos os que aparecen no espectáculo…, e hai algo máis común que un arrefriado? O catarro é, seguro, a enfermidade máis humilde e compartida. É tamén moi contaxioso. Ás moitas debilidades que Chéjov derramou sobre todos eses seres, nós engadimos unha molestia, irrisoria para quen non a padece, pero irritante para quen a sofre. Os personaxes, aparte de loitar cos seus problemas, deberían acudir a un médico tan comprensivo como foi o seu autor. Amén de que tras un acto involuntario pola nosa parte, como é un esbirro, que vulnerables estamos ás consecuencias que pode abocarnos este acto no noso destino… A que traxedias pode arrastrarnos… Como explicar que non hai intención política ou antisocial nun simple esbirro ou unha ventosidade… Meu deus, as nosas vidas a mercé de …, mellor non pensalo…