Somos Mariña, Carlota, Amaya, Irene e Manu, un grupo de música de Pontevedra que nos chamamos Furious Monkey House, e claro, o nome débese a que con nós tamén toca un mono furioso.
Decidimos crear o grupo en marzo de 2014 porque nos apaixona a música, e aínda que teñamos entre 11 e 13 anos, recibimos formación musical e encántanos subirnos a un escenario e tocar.
Comezamos a gravar unha maqueta con 5 cancións e ao final, tivemos a oportunidade de gravar o noso primeiro disco que titulamos ‘RUN’. A experiencia da gravación foi incrible; fixémolo en febreiro e marzo de 2015, baixo a produción musical de Gonzalo Maceira e Iago Lorenzo en Planta Sónica e nos míticos estudos Abbey Road de Londres. Alí, por onde pasaron artistas e bandas moi importantes da historia da música como The Beatles, Rolling Stones, Pink Floyd ou Radiohead, estivemos nós: Mariña cantando, Carlota tocando a batería, Amaya os sintes e as teclas, Irene e Manu a guitarra e o mono furioso o baixo.
Nesta aventura en Abbey Road coñecimos a Adrian Hall, quen nos mesturou o disco e ademais nos dedicou estas maravillosas palabras: ‘Encantoume mesturar o álbum de Furious Monkey House! Son un fantástico grupo de nenos talentosos facendo gran música!’.
Escoitamos música de estilos moi diferentes, pero tiñamos claro que se faciamos música sería coa influencia de bandas dos 90’s das que somos fans, como Pixies, Nirvana, Cardigans, Smashing Pumpkins… E estamos seguros de que o conseguimos! As 11 cancións inéditas de ‘Run’ soan a iso pero tamén levan a nosa enerxía e o noso carácter.
O xornalista e presentador Arturo Paniagua, que xa escoitou RUN, enviounos esta mensaxe: ‘Encántame o disco. Creo que é un xeito xenial de amosar o importante que é a educación musical nos nenos. Tanto á hora de aprender a tocar, como de coñecer mellor a historia da música. Todo este disco me resulta emocionante e á vez conmovedor. Quero adoptar a toda a banda, e darlle unha medalla ao profe. Benditos profesores molóns!’.
‘Run’ publicouse o 13 de novembro de 2015 con Esmerarte.
FURIOUS MONKEY HOUSE