Teatro Afeccionado

LAS EUMÉNIDES, Cía. Noite Bohemia

Esquilo é o primeiro e máis antigo dos tres grandes tráxicos gregos: Esquilo, Sófocles e Eurípedes. Esquilo escribiu e puxo en escena 80 traxedias, das que se conservan sete.

A ‘Orestíada‘ é unha triloxía de obras dramáticas da Grecia Antiga escrita por Esquilo, a única triloxía que se conserva do teatro grego antigo. Trata do final da maldición da Casa de Atreo. As tres obras que a forman son: ‘Agamenón‘, ‘As Coéforas‘ e ‘As Euménides‘. Unha cuarta obra, ‘Proteo’, un drama satírico que se representaría xunto a elas, non sobreviviu. A triloxía representouse orixinariamente nas festas dionisias de Atenas, ano 458 a.C., onde gañou o primeiro premio. ‘As Euménides’ é a obra que culmina a ‘Orestíada’, o colofón do Tríptico Troyano coa que Esquilo pecha a sanguenta triloxía en torno ao trono de Argos e a cadea de crimes que se suceden no seno da familia real. Está considerado xeralmente o seu culme creativo.

LasEumenides_PEQ

Prezo: ANTES 14/02/2016: 3 € (VR) / 5 €. A PARTIR 15/02/2016: 6 € (VR) / 8 €
Duración: 60 minutos
Idioma: CAS
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 21 de Febreiro de 2016 | 19:00

SINOPSE

A traxedia trasládase a un plan divino, sae de Argos, pasando por Delfos e Atenas. A Pitia, profetisa de Apolo, recita o prólogo: ve ao suplicante Orestes rodeado polas Furias, que o perseguen para darlle castigo. Apolo aseguralle protección, e aconséllalle fuxir a Atenas para acollerse ao amparo da deusa Atenea e os xuíces atenienses, o Areópago.

A sombra de Clitemnestra incita ás Furias durmidas a perseguir ao fuxitivo. As Furias bótalle en cara a súa actitude a Apolo, que as expulsa do lugar. En Atenas atópase Orestes, chega o coro cheo de ameazas, e aparece Atenea. As furias aceptan que dite sentenza, cantando de novo os seus agravios. Chega o xuízo, co Apolo como testemuña. Orestes insiste na culpabilidade de Clitemnestra. Atenea fai eloxio do tribunal que manterá a lei.

Mentres se vota, Apolo e a Corifeo repiten os seus argumentos. Prodúcese un empate, resolto a favor de Orestes polo voto de Atenea. Apolo marcha, Orestes recita a súa gratitude e o coro explota en reproches. Hai un voto de graza que corta a cadea de vinganzas. A deusa, entre ameazas e gabanzas, logra persuadir ás Furias, que convertidas en Euménides, benévolas, recibirán un asento na Acrópole, honores e ritos. Así estas antigas deusas da morte e a fecundidade poñerán o seu lado bo a favor de Atenas.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: CELIA JÁUDENES LÓPEZ, ISABEL GARRIDO FERNÁNDEZ, MARIO RODRÍGUEZ LÓPEZ, NACHO PENA MACEDA, MARTA PERNAS PEDREIRA, ZOE FUENTES RAMA, MATHÍAS DE LEÓN VALVERDE, MARCOS FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, SARA OREIRO PÉREZ, LEIRE TAMAYO DÍAZ, ALICIA MARTÍNEZ ANSEDE, MARÍA MOSTEIRO GARCÍA. AUTOR: ESQUILO. DIRECCIÓN: JAVIER FERNÁNDEZ MARIÑO.