Duración: 50 minutos
Idioma: GAL
Calificación: +4
Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público se ria dela... Con axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Figaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma.
Pero … conseguirá Micaela ser feliz? Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas, damos forma a 'Il Cirque d´Amore', onde un pianista, un barítono e unha soprano viaxaran co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.
SELECCIÓN MUSICAL: LA BOHÈME (PUCCINI), IL BARBIERE DI SIVIGLIA (ROSSINI), DON GIOVANNI (MOZART), L'ELISIR D'AMORE (DONIZETTI), LE NOZZE DI FIGARO (MOZART), LA SERVAPADRONA (PERGOLESI), DIE ZAUBERFLÖTE (MOZART).
IL CIRQUE D’AMORE
Unha obra de teatro e un recital de ópera ao tempo. A través dunha divertida historia chea de brincadeiras para nenos e adultos, dous cantantes e un pianista repasan un repertorio operístico ben popular.