Cine Musical

MOULIN ROUGE SING-ALONG

CINE MUSICAL CON ANIMACIÓN. PROXECCIÓN DA PELÍCULA EN V.O. CON SUBTÍTULOS EN CASTELÁN

Volve o espectáculo de cine musical con karaoke e animadores! Pasa polo photocall, aprende as cancións e coreografías cos actores… e canta todos os temas da túa película favorita grazas aos subtítulos de karaoke. Nesta ocasión presentamos a película ‘Moulin Rouge‘, dirixida por Baz Luhrmann no ano 2001. Acompaña á inaccesible Satina (Nicole Kidman) e ao seu escritor (Ewan McGregor) nunha viaxe chea de cor e música aos baixos fondos de París de 1900. Poderás deixarte levar polos mellores éxitos do pop / rock como ‘Lady Marmalade’, ‘Your song’, ‘Like a virgin’…

Fai doblete de Sing-Along e obtén un prezo reducido nas túas entradas!

*Prezo para ‘Mamma Mía Sing-Along’e ‘Moulin Rouge Sing-Along’: ANTICIPADA: 18€. DÍA FUNCIÓN: 20€