Teatro

ME LLAMO SULEIMÁN, unahoramenos producciones

‘… De esa familia, de ese país, vengo yo. ¿No es maravilloso? Me gusta contarlo porque así siento que soy un hombre, no una sombra perdida entre blancos’.

NOTA DO AUTOR

Me llamo Suleimán é unha obra centrada na emigración clandestina entre África e España, e máis concretamente na viaxe que han de realizar os que emprenden a aventura de realizala. Coñecer como é a viaxe do emigrante –tanto a que se realiza entre África negra e o norte de Marrocos, a través do Sáhara, como a que transcorre entre as costas africanas e as canarias- pódenos axudar a comprender mellor a decisión que deben tomar miles de persoas e formular cales son as razóns para tomala, sabendo que –como por desgraza ocorre con moitísima frecuencia- as súas vidas corren perigo.

A nosa sociedade faise moitas preguntas sobre o fenómeno da emigración, pero son xeralmente preguntas sobre a súa propia situación. É sen embargo fundamental que nos fagamos tamén preguntas sobre o que acomete a gran viaxe, para comprender na súa globalidade o problema. Temos unha visión distorsionada da realidade da emigración e é importante superar esa situación, porque miles de africanos estanse a incorporar á nosa sociedade e non debemos permitir que iso sexa un factor de desestabilización social: asumir a diversidade cultural e humana dunha sociedade como elemento enriquecedor require un esforzo por coñecer mellor ao outro e aceptar a diversidade como algo positivo.

Me llamo Suleimán pretende contribuír ao achegamento entre quen emigra e quen recibe ao emigrante, un reto tan fermoso como imprescindible, dándolle voz a un mozo que chega ás nosas costas para contarnos como foi a súa viaxe e que foi o que o impulsou a empréndela.

Antonio Lozano

DOSSIER

Prezo: ANTES 01/10/2015: 10 € (VR) / 11 €. A PARTIR DE 02/10/2015: 12 € (VR) / 15 €
Duración: 75 minutos

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 23 de Outubro de 2015 | 20:30

SINOPSE

(Español)

Esta adaptación teatral da novela homónima escrita por Antonio Lozano conta a historia de Suleimán, un neno que farto da terrible situación de pobreza que vive no seu país, Malí, decide marchar xunto ao seu amigo Musa á próspera Europa. Alí esperan traballar e conseguir suficiente diñeiro para regresar e montar os seus propios negocios para axudar ás súas familias, pero a viaxe é dura e difícil. Deberán cruzar o deserto en camións incómodos e atestados de expatriados que como eles buscan unha vida mellor. Chegarán ata a fronteira con Melilla, pero alí o cruce do enreixado complicarase. Sen embargo Suleimán non se dará por vencido e volverá a intentar a viaxe, esta vez por mar.

En escena Isabel, unha compañeira de clase de Suleimán, é a encargada, xunto co traballo de animación audiovisual de Juan Carlos Cruz e baixo a dirección de Mario Vega, de narrar esta historia, que non é outra que a da viaxe que é capaz de emprender un neno co único fin de acadar os seus soños …



FICHA ARTÍSTICA

(Español)

AUTOR: ANTONIO LOZANO. INTÉRPRETE: MARTA VIERA. DIRECCIÓN: MARIO VEGA. DIRECCIÓN DE AUDIOVISUAIS: JUAN CARLOS CRUZ. DESEÑO DE AUDIOVISUAIS: MARGA TURNBULL, MARIANO ROMERO. ANIMADORES: MARÍA DOLORES ABUJAS, ELVIS PEDRO NSUE. DESEÑO DE ILUMINACIÓN E COORDINACIÓN TÉCNICA: TOMÁS CHARTE. DIRECCIÓN DE ARTE: ELENA GONCA. MÚSICA: SALIF KEITA. PRODUCIÓN EXECUTIVA: PEDRO CARBALLIDO. SOCIAL MEDIA, WEB E RRSS: HÉCTOR MUÑOZ. COMUNICACIÓN E PRENSA: PACO MEDINA. DESEÑO GRÁFICO: unahoramenos. FOTOGRAFÍA: TERE RUANO. ASISTENCIA EN CONSTRUCIÓN DE ESCENOGRAFÍAS: RAQUEL SANTANA, PEPE JUAN MEDINA. PRODUCIÓN: unahoramenos producciones SL. COA COPRODUCIÓN DO AYUNTAMIENTO DE AGÜIME.

IDIOMA: CASTELÁN