Talía Teatro é unha compañía creada en 1988 cun selo propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro.
Hoxe, consolidáronse como unha das compañías galegas con máis capacidade de produción e distribución.
Desde os seus inicios, perseguen a dignificación do teatro e das artes escénicas como transmisores dos valores culturais do país.
Prezo: ANTES 08/11/2015: 3 € (VR) / 6 €. A PARTIR DE 09/11/2015: 5 € (VR) / 8 € Duración: 50 minutos Idioma: GAL Calificación: +6
Unha divertida comedia, pensada para público familiar, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos.
A avoa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán? , se pregunta a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra:
- Nooon!! Outra vez sopa de sapo!!! Todos os días sopa de sapo!!
- Ben sabes pequena, di a avoa, que para ser unha boa bruxa … ou sexa unha bruxa como ten que ser … ou sexa unha bruxa pérfida e malvada non hai nada como comer a diario sopa de sapo.
FICHA ARTÍSTICA
AUTOR E DIRECTOR: ARTUR TRILLO. ELENCO: MARÍA ORDÓÑEZ, DIEGO REY, MARTA RÍOS, RUBÉN PRIETO.
SOPA DE SAPO, Talía Teatro